a

¡Coidado, a fotografía engancha! unha vez empezas xa non a deixas… fai 6 anos que me mergullei na tolemia de emprender e aprender con esta magnifica profesión.

INSTAGRAM

Volver Arriba

Criss Becerra Fotografía

Criss Becerra

BECERRA

Nese día tan especial, capturarei eses momentos previos o bautizo e durante a cerimonia. Ademais, se queres entregar unha foto a modo recordatorio, faremos unha sesión no estudio previamente.

O teu cativo fai a primeira comuñón e queres ter o recordo dese gran momento para el ou ela. As sesións poden ser tanto en exteriores como no estudo.

Eses intres do día máis especial da vosa vida son os que capturarei para sempre. Previamente faremos unha sesión para coñecernos mellor nese lugar máxico para vos.

¿Estades a espera desa persoíña que vos cambiará a vida? As sesións de embarazo son totalmente feitas a vosa medida.

Reportaxes onde primen a naturalidade dos membros da empresa e na que transmitan a confianza que merecen os seus clientes.

Fotografamos os teus produtos reflectindo todas as súas características e, o mesmo tempo, facelos mais apetecibles grazas o valor engadido dunha reportaxe profesional.

OBRADOIRO GORÍN

Decidimos crear unha tenda on-line e escollemos a Criss Becerra Fotografía para a elaboración do catálogo. Queriamos fotos sobrias pero, ó mesmo tempo, que mostraran os pequenos detalles polos que se caracterizan os nosos productos. Non podemos estar máis contentos!! O resultado final superou as nosas expectativas. 100% Recomendable

FOTOGRAFÍA DE CATÁLOGO

EVA RASO E MARCOS MORÁS

Eliximos a Cristina como a nosa fotógrafa de voda porque buscabamos unhas fotos naturais que reflexasen como somos nos en realidade, un trato próximo e que nos fixese sentir cómodos nun día tan especial para nos, e cumpliu as nosas expectativas!

FOTOGRAFÍA DE VODAS

ÁLVARO PÉREZ

Trasladar a una imaxe o que pasa nun escenario non é doado, e nestas fotos da función de Fariña no Teatro Afundación de Vigo o reto está máis que superado. Un aproveitamento da luz do espectáculo fantástico, e unha escolla perfecta dos momentos máis relevantes da obra. Grazas!

AINE PRODUCCIÓNS

DIN POR AÍ
Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para o seu correcto funcionamento e para fins analíticos. Ao facer clic no botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estes propósitos.    Máis información
Privacidad